jump to navigation

Aprender a pensar 31 Octubre, 2008

Posted by emerio in fedellando na rede.
add a comment

Sir Ernest Rutherford, pai da física nuclear e Premio Nobel de Química en 1908, adoitaba contar a seguinte anécdota:

 

“ Fai algún tempo, recibín a chamada dun colega. Estaba a piques de pór un cero a un estudante pola resposta que dera en un examen de física, a pesar de que este afirmaba con rotundidade que a súa resposta era absolutamente acertada. Profesores e estudantes acordaron pedir arbitraxe de alguén imparcial e fun elixido eu.


A pregunta do exame era: Demostre como é posible determinar a altura dun edificio coa axuda dun barómetro. A resposta do estudante foi a seguinte: leve o barómetro á azotea do edificio e átelle unha corda moi longa. Descólgueo ata a base do edificio; marque e mida. A lonxitude da corda é igual á altura do edificio.


Realmente o estudante expuxera un serio problema coa resolución do exercicio, porque respondera á pregunta correcta e completamente. Doutra banda, se se lle concedía a máxima puntuación, podería alterar a media do seu ano de estudos, obter unha nota mais alta e así certificar o seu alto nivel en física; pero a resposta non confirmaba que o estudante tivese ese nivel. Suxerín que se lle dese ao alumno outra oportunidade. Concedinlle seis minutos para que me respondese a mesma pregunta, pero esta vez coa advertencia de que na resposta debía demostrar os seus coñecementos de física.


Pasaran cinco minutos e o estudante non escribira nada. Pregunteille se desexaba marcharse, pero me contestou que tiña moitas respostas ao problema; a súa dificultade era elixir a mellor de todas. Escuseime por interromperlle e rogueille que continuase. No minuto que lle quedaba escribiu a seguinte resposta: colla o barómetro e lánceo ao chan desde a azotea do edificio, e mida o tempo de caída cun cronómetro. Despois aplique formúla altura = 0,5 pola gravidade e polo tempo ao cadrado, e así obtemos a altura do edificio. Neste punto pregunteille ao meu colega se o estudante podíase retirar. Deulle a nota máis alta.


Tras abandonar o despacho, reencontreime co estudante e pedinlle que me contase as suas outras respostas á pregunta.


-“En fin, hai moitos xeitos. Por exemplo, colles o barómetro nun día asollado e mides a altura do barómetro e a lonxitude da súa sombra. Se medimos a continuación a lonxitude da sombra do edificio e aplicamos unha simple proporción, obteremos tamén a altura do edificio.

 

-Perfecto, e doutro xeito?


-Si. Este é un procedemento moi básico para medir un edificio, pero tamén serve. Neste método, colles o barómetro e sitúaste nas escaleiras do edificio na planta baixa. Segundo sobes as escaleiras, vas marcando a altura do barómetro e contas o numero de marcas ata a azotea. Multiplicas ao final a altura do barómetro polo número de marcas que fixeches e xa tes a altura.


-Ese é un método moi directo.

 

-Por suposto. Se o que quere é un procedemento mais sofisticado, pode atar o barómetro a unha corda e movelo coma se fose un péndulo. Se consideramos que cando o barómetro está á altura da azotea, a gravidade é cero e se temos en conta a medida da aceleración da gravidade ao descender o barómetro en traxectoria circular ao pasar pola perpendicular do edificio, da diferenza destes valores, e aplicando unha sinxela fórmula trigonométrica, poderiamos calcular, sen dúbida, a altura do edificio. Neste mesmo estilo de sistema, atas o barómetro a unha corda e descólgalo desde a azotea á rúa. Usándoo como un péndulo podes calcular a altura medindo o seu período de oscilación.


En fin, concluíu, existen outros moitos xeitos. Probablemente, a mellor sexa coller o barómetro e golpear con el a porta da casa do conserxe, e cando abra, dicirlle: ?Señor conserxe, aquí teño un bonito barómetro. Se vostede dime a altura deste edificio, regálollo”.

Neste momento da conversación, pregunteille se non coñecía a resposta convencional ao problema. Dixo que a coñecía, pero que durante os seus estudos, os seus profesores intentaran ensinarlle a pensar.

A resposta convencional ao problema era que a diferenza de presión marcada por un barómetro en dous puntos diferentes proporciónanos a diferenza de altura entre estes puntos.

Aquel estudante, a quen os seus profesores ensinaran a pensar, chamábase Niels Bohr, físico danés, quen se basearía nas teorías de Rutherford, para publicar o seu modelo atómico en 1913, introducindo a teoría das órbitas cuantizadas, obtendo o premio Nobel de Física en 1922.

Porqué a xente odia Windows 30 Octubre, 2008

Posted by emerio in fedellando na rede.
add a comment

 

 

 

…en microsiervos

Calculando para o LHC… 26 Octubre, 2008

Posted by emerio in fedellando na rede.
add a comment

O inxente volume de datos para analizar que xerará o inmenso Gran Colisionador de Hadrones (LHC) calcúlase nuns 15 petabytes ao ano (iso son uns 15.000 terabytes). Para procesar esa vasta cantidade de información tívose que recorrer a montar un grid de computación distribuída que consta de 100.000 procesadores situados en 140 institucións científicas á súa vez repartidas por 33 países do globo. [Fonte: CERN Officially Unveils Its Grid en ReadWriteWeb.]

Publicado por Alvi en Microsiervos

Electricidade a partir da calor do corpo… 25 Octubre, 2008

Posted by emerio in fedellando na rede.
add a comment

 

 

Chamar desde un teléfono móbil sen batería, usando só a calor da túa man? Tal vez non sexa máis que unha quimera agora mesmo. Pero os novos circuítos xa están facendo posible aproveitar a calor do corpo para xerar electricidade.

…en Ciencia Kanija

O ancho de banda dos sentidos nos seres humanos… 25 Octubre, 2008

Posted by emerio in fedellando na rede.
add a comment

 

Os modelos tradicionais (…) suxiren que primeiro decidimos o que pensamos, e entón decidimos como nos sentimos respecto diso. As probas, en cambio (…) indican o contrario, que a orde real das cousas é máis ben ao revés (…) que como nos sentimos respecto de algo nos vén a dicir que é o que debemos pensar.

O ancho de banda dos sentidos nos seres humanos…

 

Xogos de lóxica respectando as tres Leis da Robótica de Asimov 25 Octubre, 2008

Posted by emerio in fedellando na rede.
add a comment

1. Es un robot, e unha árbore vai caer encima dun neno que está xogando alén da rúa, pero hai un garda de tráfico cun sinal de STOP que che impide cruzar, que farías?

2. …pero se ademais dáste conta de que a árbore vai caerche encima a ti tamén e vaiche a esmagar, ata antes de que poidas chegar a salvar ao neno, que farías?

Son dous das probas dos Xogos de lóxica coas Leis da Robótica de Asimov, (páxina en ingles) que dan para pensar un bo intre e ata debater en grupo.

…extraido de Microsiervos

…é seguro retirar o hardware… 25 Octubre, 2008

Posted by emerio in fedellando na rede.
add a comment

…fotografía realizada por Amador

Microsoft traballa en interfaces multitáctiles 21 Octubre, 2008

Posted by emerio in fedellando na rede.
add a comment

 

Microsoft ten claro que os interfaces táctiles terán moita importancia nos próximos anos. É por iso que leva tempo experimentando e traballando con eles, con conceptos como o Surface ou, máis recentemente, unha versión esférica deste.

…Interfaces multitactiles…

 

 

 

 

 

Resolvendo Rubiks colosais 20 Octubre, 2008

Posted by emerio in fedellando na rede.
add a comment

 

 

O cubo de rubik entreten ata as máquinas…resolvendo Rubiks colosais.

A construcción do LHC en Megaestructuras de National Geographic 20 Octubre, 2008

Posted by emerio in fedellando na rede.
add a comment

 …serie de 5 videos en YouTube que nos mostran a construcción do acelerador de partículas, a maior máquina científica do mundo…

A construcción do LHC en Megaestructuras de National Geographic

Esculturas robóticas 20 Octubre, 2008

Posted by emerio in fedellando na rede.
add a comment

j_mayer_typewriter_robot_2Colección de esculturas robóticas de Jeremy Mayer, construídas con pezas de máquinas de escribir.

din por ahi… 19 Octubre, 2008

Posted by emerio in fedellando na rede.
add a comment

“Só hai 10 clases de persoas: as que saben contar en binario e as que non”

O primeiro computador do mundo… 19 Octubre, 2008

Posted by emerio in fedellando na rede.
add a comment

En realidade non é tan sinxelo respostar como parece, xa que esta dependerá dá definición de computador que adoptemos…
Para darlle un pouco de claridade a cousa déixovos un par de enlaces…

O primeiro computador do mundo

Computer History Museum

A verdadeira orixe de internet… 13 Octubre, 2008

Posted by emerio in fedellando na rede.
1 comment so far

Aínda que se repetiu ata a saciedade que Internet ten a súa orixe nun proxecto militar estadounidense para crear unha rede de computadores que unise os centros de investigación dedicados a labores de defensa na década dos 60 nos Estados Unidos e que puidese seguir funcionando a pesar de que algún dos seus nodos fose destruído por un hipotético ataque nuclear, os creadores de ARPANET, a rede precursora de Internet, non tiñan nada semellante en mente e levan anos intentando terminar con esta percepción.

a verdadeira orixe de internet

…seguimos a toda velocidade… 9 Octubre, 2008

Posted by emerio in fedellando na rede.
add a comment

…tamen dicen esto outro…

UN PASO MÁS CERCA DE LOS BIOORDENADORES

…ninguén dice nada?…

…esto non vai algo rápido? 9 Octubre, 2008

Posted by emerio in fedellando na rede.
add a comment

…de momento non quero pensar moito no tema, non sei como o vedes por ahi?…

Seis ordenadores intentarán pasar el Test de Turing: Hacerse pasar por humano se considera la prueba última de la inteligencia artificial para una computadora…

boas… 8 Octubre, 2008

Posted by emerio in fedellando na rede.
add a comment

…e como a curiosidade move moitas cousas e hai moito donde remecer, aqui irán quedando alguns dos anacos atopados….

…moitas gracias en especial a tres blogs nos que atopo moitos destes pedazos…

 

Microsiervos …noraboa por este ricón…

Xataka …a quen non lle apetece un gadget…

Genciencia …dicen de ciencia e tecnoloxía…

…hai moitos mais, pero o tempo tampouco chega….

…admitense suxerencias…