Pastafarismo, chega con ter fé, …e lóxica. 22 Enero, 2009
Posted by emerio in fedellando na rede.add a comment
O “pastafarismo”, ou tamén “relixión do Monstro de Espagueti Voador”, (neoloxismo do idioma inglés, derivado de pasta; tamén denominado Flying Spaghetti Monster (FSM)), é unha parodia de relixión, contida nunha campaña de protesta social xurdida en Estados Unidos de América en denuncia e oposición á difusión da teoría do deseño intelixente (creacionismo) impulsada por sectores políticos e relixiosos durante os mandatos do Presidente George W. Bush, e ás correntes de opinión que pretende a súa equiparación coas teorías comunmente aceptadas (evolucionismo) pola comunidade científica internacional.
Vía: Wikipedia, Frikipedia, Inciclopedia
…sempre aprendendo. 18 Enero, 2009
Posted by emerio in fedellando na rede.add a comment
“Hai cousas que para sabelas non basta con habelas aprendido”
Séneca, filósofo romano
via: Microsiervos
Windows 7 versión beta, descarga gratuita. 18 Enero, 2009
Posted by emerio in fedellando na rede.add a comment
Microsoft liberou para a súa descarga a versión beta do que será o seu flamante e novo sistema operativo Windows 7. Logo dos problemas e mala imaxe causada por Windows Vista, a empresa de Redmond puxo toda a súa enerxía en desenvolver un sistema operativo que cumpra coas expectativas de mercado e mellore a imaxe da empresa ante o avance de sistemas como Mac OS X ou GNU/Linux.
Podedes descargar Windows 7, insisto na súa versión beta, a través do seguinte enlace a páxina oficial de Microsoft: Download the Windows 7 Beta
Así funciona un reloxo mecánico… 18 Enero, 2009
Posted by emerio in fedellando na rede.add a comment
Vía Microsiervos chega este vídeo sobre como funciona un reloxo mecánico a través dunha maqueta a gran escala, e aínda que o audio esta en ingles merece a pena botarlle unha ollada. Unha pequena marabilla da técnica en apenas uns gramos de enxeñería concentrada.
Demarcación… 16 Enero, 2009
Posted by emerio in fedellando na rede.add a comment
“A ignorancia afirma ou nega rotundamente; a ciencia dubida”
Voltaire, escritor e fílósofo francés.
Via: Ciencia en el IXX
…e falando de programación… 14 Enero, 2009
Posted by emerio in fedellando na rede.add a comment

Déixovos un enlace a un interesante articulo publicado por “Wicho”, un dos responsables de Microsiervos, onde nos fala un pouco do software e dos porblemas q pode carrexar un descoido nunha liña de código…
A harmonía fractal de Doñana e as súas marismas 12 Enero, 2009
Posted by emerio in fedellando na rede.add a comment
Este precioso vídeo é unha recompilación das fotografías aéreas de Héctor Garrido nas marismas atlánticas andaluzas, que o mes que vén publicaranse nun libro. Na web Harmonía fractal poden verse todas elas xunto coa localización exacta en que están tomadas e as explicacións sobre todos os seus detalles. No lateral dereito desa páxina hai unha explicación detallada de que son os fractales e como se comportan.


