A humanidade ten 1.800 segundos de existencia 8 Febrero, 2009
Posted by emerio in fedellando na rede.add a comment
Dice Sergio Parra en Genciencia:
“De todas as comparacións que lin para tratar de imaxinar a incidencia do ser humano na historia do mundo, a que máis me gusta é a que reduce todo o tempo transcorrido desde a orixe da Terra ata os nosos días a un só ano. 365 días. Algo así como o que fai Jack Bauer en 24, que reduce toda a tempada dunha serie a unha hora por capítulo.
Seguindo este símil do ano, a orixe da Terra situaríase no 1 de xaneiro. A Éra Primaria empezaría a primeiros de setembro.
Os primeiros peixes, que aparecen no Silúrico, faríano a finais de outubro.
Os mamíferos, correspondentes ao período Jurásico, aparecerían a finais de novembro.
O primeiro homínido, o australopiteco, nacería o 31 de decembro, o último día do ano, a iso das 9 da noite.
O Homo Sapiens, supostamente nós, aparecerían o mesmo 31 de decembro, ás 11:30 da noite.
É dicir, que o xénero humano leva uns 30 minutos de existencia neste imaxinario ano da Creación. Unha simple media hora logo de 365 días de historia terrestre. (E iso que empezamos pola creación da Terra e non polo Big Bang, porque entón o noso papel aínda sería máis ridículo). Temos 522.000 minutos de existencia.
Dos 31.320.000 segundos que posúe o ano, nós levamos por aquí apenas 1.800 segundos. Non quero nin calcular as poucas milésimas que segundo que fai que eu existo. Alguén se atreve?”
…e aínda así mira como temos todo…esto o digo eu
A escala da enerxía, en cen ordes de magnitude 8 Febrero, 2009
Posted by emerio in fedellando na rede.add a comment
Este interesante gráfico en espiral mostra diferentes niveis de enerxía que varían entre 10-34 xullos (a enerxía dun fotón) e 1070 xullos (a enerxía total estimada para todo o universo observable).
Algúns valores curiosos son 103 que é a enerxía dun kilowatio hora, 1013 que corresponde á enerxía liberada pola primeira bomba atómica, 1021 que equivale a toda a electricidade xerada desde os tempos de Tesla ou 1032 que é a enerxía emitida diariamente polo sol. (os datos son todos en xullos)
Via: Microsiervos


