jump to navigation

O mesturador de audio 16 febrero, 2009

Posted by emerio in Equipos de son.
add a comment

mesasonidoA Mesa de mesturas de audio ou mesturadora de audio é un dispositivo electrónico ao cal conéctanse diversos elementos emisores de audio, tales como micrófonos, entradas de liña, samplers, sintetizadores, vira discos de vinilos, reprodutores de cd, reprodutores de cintas, etc. Unha vez os sinais sonoros entran na mesa estas poden ser procesadas e tratadas de diversos modos para dar como resultado de saída unha mestura de audio, mono, multicanal ou estéreo.
O procesado habitual das mesas de mesturas inclúe a variación do nivel sonoro de cada entrada, ecualización, efectos de envío, efectos de inserción, panorámica (para as canles mono) e balance (para as canles estéreo). Outras mesas de mesturas permiten a combinación de varias canles en grupos de mestura (coñecidos como grupos) para ser tratados como un conxunto, a gravación a disco duro, a mestura entre 2 ou máis canles mediante un crossfader…
Estas mesas utilízanse en diferentes medios, desde estudos de gravación musical, radiofónicos, televisivos ou de montaxe cinematográfica, como ferramenta imprescindible na produción e emisión de audio . Tamén son a ferramenta primordial para os DJ e outros músicos de directo.

O ecualizador 9 febrero, 2009

Posted by emerio in Equipos de son.
add a comment

equalizerUn ecualizador é un dispositivo que procesa sinais de audio. Modifica o contido en frecuencias do sinal que procesa. Para iso, cambia as amplitudes dos seus coeficientes de Fourier, o que se traduce en diferentes volumes para cada frecuencia. Con isto pódese variar de forma independente a intensidade dos tons básicos.
Certos modelos ecualizadores gráficos actúan sobre a fase dos sinais que procesan, en lugar de actuar sobre a amplitude.
Dun modo doméstico xeralmente úsase para reforzar certas bandas de frecuencias, xa sexa para compensar a resposta do equipo de audio (amplificador parlantes -altofalantes-) ou para axustar o resultado a gustos persoais.
Hainos analóxicos e dixitais, activos ou pasivos, paramétricos, gráficos e paragráficos.

Os ecualizadores profesionais adoitan ter, polo menos, 10 bandas. As normas ISO establecen que as bandas de frecuencia han de ser, polo menos, 31, 63, 125, 250, 500, 1000, 2000, 4000, 8000 e 16 000 Hercios.
Estas bandas de frecuencias básicas son controladas por un fader (ou outro potenciómetro ou control alternativo) que pode atenuar ou introducir ganancia ata en 12 dB e, ata, máis.

Aqui tedes un enlace a Tendas de son on-line, e tres enlaces mais a casas de equipos profesionais: dbx, BSS Audio e Bose

ACTIVIDADE: para facer como traballo complementario a este tema

Filtros activos 9 febrero, 2009

Posted by emerio in Equipos de son.
add a comment

350px-high-pass_active_filterUn filtro activo é un filtro electrónico analóxico distinguido polo uso dun ou máis compoñentes activos (que proporcionan unha certa forma de amplificación de enerxía), que o diferencian dos filtros pasivos que soamente usan compoñentes pasivos. Tipicamente este elemento activo pode ser un tubo sen carga, un transistor ou un amplificador operacional.Un filtro activo pode presentar ganancia en toda ou parte do sinal de saída respecto do sinal de entrada. No seu implementación combínanse elementos activos e pasivos, sendo frecuente o uso de amplificadores operacionales, que permite obter resonancia e un elevado factor Q sen o emprego de bobinas.

Pódense implementar, entre outros, filtros paso baixo, paso alto, paso banda.

Deseño de circuítos impresos 27 enero, 2009

Posted by emerio in Equipos de son.
add a comment

ci1En electrónica, un circuíto impreso ou PCB (do inglés Printed Circuit Board), é un medio para soster mecanicamente e conectar eléctricamente compoñentes electrónicos, a través de rutas ou pistas de material condutor, gravados desde follas de cobre laminadas sobre un substrato non condutor.

Os circuítos impresos son robustos, baratos, e habitualmente dunha fiabilidade elevada. Requiren dun esforzo maior para o posicionamento dos compoñentes, e teñen un custo inicial máis alto que outras alternativas de montaxe, como a montaxe punto a punto (ou wire-wrap), pero son moito máis baratos, rápidos e consistentes en produción en volumes.

Aqui tedes uns apuntes de deseño de placas de circuíto impreso

Diseño y construcción de circuítos  impresos

Circuitos impresos, diseño y construcción

E este e o amplificador de audio que vamos a deseñar, montar e probar…

O amplificador 16 enero, 2009

Posted by emerio in Equipos de son.
add a comment

wide_amplification_by_d3stroy

Un amplificador é todo dispositivo que, mediante a utilización de enerxía, magnifica a amplitude dun fenómeno. Aínda que o termo aplícase principalmente ao ámbito dos amplificadores electrónicos, tamén existen outros tipos de amplificadores, como os mecánicos, pneumáticos, e hidráulicos.

Un amplificador electrónico é un tipo de circuíto electrónico amplamente usado. A súa función é incrementar algunha magnitude eléctrica do circuíto, entre elas a intensidade de corrente, o tensión ou a potencia dun sinal.

Deixovos os enlaces as páxinas dos principais fabricantes

Ecler, Gemini, Yamaha, Electrovoice, KME, Crown, Marshall, Line6

Sistemas de sonorización 28 noviembre, 2008

Posted by emerio in Equipos de son.
add a comment

sound-system…déixovos uns enlaces sobre sonorización centralizada e distribuída, …que non se vos esqueza pasar por eles.

EGUI

SONELCO

EIS Electrónica Integral de Sonido

TEZ audio

Diapasound

ISP música

Filtros pasivos 27 noviembre, 2008

Posted by emerio in Equipos de son.
add a comment

filtros-pasivosPara ampliar conceptos sobre os FILTROS PASIVOS utilizados para separar as frecuencias aos altofalantes de medios, graves e agudos, déixovos o seguinte enlace. A web ademais é moi interesante. Altamente especializada en HI-FI, ten proxectos que están moi ben, realizados por afeccionados á Alta Fidelidade. Mirádea ben.

FILTROS PASIVOS en PCP audio

Tamén podedes atopar filtros pasivos en:

Audifan – laboratorio electroacústico

Skiing Ninja

Altofalantes 27 noviembre, 2008

Posted by emerio in Equipos de son.
add a comment

bw-nautilus-3

Para complementar o que se viu na clase sobre os ALTOFALANTES, aquí tedes varias relucentes webs de fabricantes e vendedores deste produto tan importante na cadea de Hi-Fi:

D.A.S. Sound Products

La casa de los altavoces

Madisound Speaker components, inc.

Cabasse

Monacor

Linkwitz Lab

Mirage speakers

B&W Bowers & Wilkins

Bose

Bang & Olufsen

Micrófonos 27 noviembre, 2008

Posted by emerio in Equipos de son.
add a comment

micro-binaural

A continuación déixovos varios materiais sobre o tema dos micrófonos.En primeiro lugar tedes un enlace a unha web na que se aclaran e expón os conceptos que xa vimos en clase. Está ben, así que lédea.

TEORÍA DE MICRÓFONOS

Logo déixovos as direccións de varios fabricantes de micrófonos profesionais:

NEUMANN

SENNHEISSER

SHURE

ELECTROVOICE

AKG

Enlaces 2 noviembre, 2008

Posted by emerio in Equipos de son.
add a comment

Nos seguintes enlaces tedes unha série de paxinas webs bastante interesantes, sobre os temas que estamos tratando en clase. Anímovos a visitalas.

AcústicaWeb
DoctorProAudio
Acústica Básica y Sonido

Curso de Acústica

Tamén vos deixo un arquivo en Word cun Excel incrustado para calcular a suma de dous sons con diferentes niveis sonoros en decibel: Sumar en dB

E por último outro par de enlaces a unhas webs moi interesantes sobre a contamimación acústica.

Ruidos.org
La Web del ruido

Simboloxía 1 noviembre, 2008

Posted by emerio in Equipos de son.
add a comment

…xa que para interpretar e realizar esquemas necesitamos coñecer unha serie de símbolos, aqui vos deixo os que nos tocan: simboloxía de audio

Tons ultrasónicos para móbiles 25 octubre, 2008

Posted by emerio in Equipos de son.
add a comment

Os tons ultrasónicos reprodúcense en frecuencias moito máis altas que os tons normais – o que significa que normalmente os nenos e novos óenos sen moito problema, mentres que os adultos, a partir dos 20 anos, empézanse a volver practicamente xordos a tales frecuencias.

Pódense descargar con frecuencias entre 8 e 22,4 kHz t formato MP3 directamente desde Ultrasonic ringtones, que colateralmente pódese utilizar para comprobar a capacidade auditiva -marcando cal é o ton máis alto que se é capaz de escoitar.

A contaminación acústica 7 octubre, 2008

Posted by emerio in Equipos de son.
add a comment

O ruído representa un importante problema ambiental para o home, desde tempos pasados ata a actualidade, no Imperio Romano xa existián regras relativas ao ruido e na Europa Medieval prohibiuse o uso dos carruaxes en certas cidades durante a noite, co fin de asegurar un soño tranquilo aos seus habitantes.

Con todo, o problema do ruído do pasado no é nada comparado co que é na actualidade: circulación de vehiculos, avións, trens, o ruido industrial, etc…. Ademaís, en comparación con outros contaminantes do medio ambiente, o control de ruído non é do todo suficiente en moitos casos, debido á falta de coñecemento dos efectos nocivos que leva a exposición a el.

Deixo unhos apuntes sobre este contaminante, palntexandovos unhas sinxelas actividades para levar a cabo, relativas o ruido…

O ruido Lámina 1 Lámina 2 Lámina 3 Lámina 4

Son Son Son… 7 octubre, 2008

Posted by emerio in Equipos de son.
add a comment

…toca entrar na materia que nos ocupará o resto do curso.

O primeiro que nos toca ver son os conceptos básicos e as distintas magnitudes asociadas ao son.

Deixobos unhos enlaces que nos falan de todo esto…

…el sonido

…física del sonido

Instrumentación 28 septiembre, 2008

Posted by emerio in Equipos de son.
add a comment

Un pequeno repaso dos instrumentos mais caracteristicos dun laboratorio electrónico (polímetro, osciloscopio, xenerador de sinais, …)

O polímetro

Transparencias osciloscopio

Osciloscopio – Práctica 1

Osciloscopio – Práctica 2

Temario e criterios de cualificación 28 septiembre, 2008

Posted by emerio in Equipos de son.
add a comment

Empezamos…, deixo estes arquivos en pdf co temario e os criterios de e cualificación do modulo profesional 1: Equipos de son

Temario EQUIPOS DE SON

Criterios de cualificación EQUIPOS DE SON

Benvid@ a Equipos de Son 18 marzo, 2008

Posted by emerio in Equipos de son.
add a comment

Benvid@ ao módulo de Equipos de Són do CIFP A Farixa de Ourense

Espero que durante o curso aprendas o necesario para ser un bo profesional na materia. Nos siguintes artígos irei colgando apuntes, enlaces interesantes, catálogos e demáis materiais para o curso.

Seguir

Get every new post delivered to your Inbox.